Catro debuxos infantís que apostan pola saúde
Por Redacción
O vindeiro sábado 7 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde e ao longo do mes de marzo, escolares dos CPIs Aurelio Marcelino de Cuntis, Santa Lucía de Moraña, Domingo Fontán de Portas e o CEIP Amor Ruibal de Barro participaron no segundo Certame de Debuxos Saudables, dentro do Proxecto de Prevención de Drogodependencias e outras condutas aditivas.
Este programa atópase proomovido pola Consellería de Sanidade e contou cunha importante participación. Cada un dos Concellos acollerá agora unha exposición destes debuxos saudables nos que se poderán ver tanto os gañadores como o resto de propostas creativas.
A Biblioteca de Barro e a de Cuntis, así como a Casa dá Cultura de Moraña e de Portas acollerán estas exposicións nas que as obras dos escolares recollen a incidencia de enfermidades e a mellora da saúde física, psicolóxica e social.