![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e3a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ac66abbad-20180405-patxot-sanchez-gordillo-lores-138.jpg)
© Mónica Patxot
Sánchez Gordillo visita o Concello antes de pechar este venres a Semana Galega de Filosofía
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/fc6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ac66a7adf-20180405-patxot-sanchez-gordillo-lores-031.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ff4/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ac66af7b1-20180405-patxot-sanchez-gordillo-lores-153.jpg)
© Mónica Patxot
Juan Manuel Sanchez Gordillo presume de ser alcalde de Marinaleda, un municipio de Sevilla onde os habitantes poden acceder á vivenda por 15 euros ao mes e gozar de instalacións como a piscina comunitaria por 1,8 euros ao ano. Será o encargado de pechar a Semana Galega de Filosofía, que este ano está adicada ao común.
Sánchez Gordillo é un personaxe coñecido pola súa forma de loitar contra o capitalismo, como foi o asalto a varias cadeas de supermercados en 2012 para roubar alimentos de primeira necesidade e darllos a persoas en situación de exclusión social. Este "Robin Hood" da modernidade declárase abertamente anticapitalista, antiimperialista e avoga pola loita mediante a non violencia.
Este venres pechará o ciclo de conferencias coa súa Lección de clausura, onde dará o seu punto de vista sobre a realidade que vivimos hoxe en día, tocando gran variedade de temas tan candentes e moi á orde do día como é o uso de armas por parte da OTAN ou o dereito á vivenda digna.
O relator foi recibido polo Alcalde este xoves no edificio do Concello de Pontevedra, onde escribiu unhas liñas no libro de honra e posteriormente fixo unhas declaracións sobre o relatorio que terá lugar este venres ás 20:00 horas no Teatro Principal.
Na mesma exporá as súas valoracións sobre a situación do público e o social na actualidade. Nas súas declaracións afirma que tentará dicir ás claras as contradicións que ten o sistema, como a perda de soberanía dos pobos, a perda da liberdade e de dereitos, e expor como cada vez máis o gran ladrón da soberanía é o "imperialismo económico".
Tamén asegura que a utopía non é unha cousa inalcanzable, senón que aqueles soños máis nobres do ser humano mediante a loita pacífica pódense converter en realidade. Tamén asegura que a loita debe ser non violenta e que a carreira de armamento debe acabarse de parte de todos os países.
Visita de Juan Manuel Sánchez Gordillo ao Concello de Pontevedra
O político e sindicalista andaluz, alcalde de Marinaleda, reúnese con Miguel Anxo Fernández Lores e asina no Libro de Honra do Concello
© Mónica Patxot