A Garda Civil colabora coa Asociación Española Contra o Cancro
Por Redacción
Atendendo unha petición de colaboración da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Pontevedra, a comandancia da Garda Civil fíxose cargo do transporte dunha cama ortopédica que fora doada altruistamente por unha veciña do municipio de Marín.
Durante a tarde do pasado xoves, efectivos da Garda Civil e voluntarios da asociación recolleron a cama no domicilio da doante en Marín e trasladárona ata o local da asociación en Pontevedra, onde quedou almacenada pendente de asignación a outra familia que poida necesitala.
A protección e axuda aos colectivos máis vulnerables debe afrontarse de maneira integral, por iso a Garda Civil traballa de maneira coordinada co resto das institucións públicas e privadas implicadas na asistencia e protección de mulleres, menores, persoas maiores, persoas con discapacidades e colectivos discriminados por razón de odio e inmigrantes.