CIG-Saúde reelixe nun congreso en Pontevedra a María Xosé Abuín como secretaria nacional
Por Redacción
O VII Congreso da CIG-Saúde celebrado este sábado en Pontevedra reelixiu a María Xosé Abuín como secretaria nacional por 83 votos a favor, 12 en branco e 1 nulo.
Durante o proceso, que se celebrou baixo o lema "Forza e compromiso. Onte, hoxe e sempre! ", tamén se renovou a executiva nacional e se escolleron os representantes da federación no Consello Confederal.
O hotel Galicia Palace acolleu este sábado unha cita na que arredor dun cento de congresistas debateron e acordaron as liñas de traballo a desenvolver pola federación de Saúde durante os vindeiros catro anos.
O documento, que foi aprobado por unanimidade, sinala que "nunca na historia da sanidade, e polo tanto no mundo sindical, asistimos en tan pouco tempo a un cambio tan destrutivo do noso sistema sanitario".