O PP local impulsará unha moción para ofrecer saneamento aos veciños da Devesa
Por Redacción
O grupo popular pontevedrés defenderá no próximo pleno municipal a dotación dun sistema de saneamento para os veciños da Devesa, aproveitando as obras para a construción dunha senda ciclista e peonil na PO-531 á altura de Alba.
Os populares defenden esta moción afirmando que se aforrará en custos e evitará ter que volver levantar o pavimento da zona, ademais de responder as esixencias que os veciños levan anos trasladando.
A medida non só dotaría aos cidadáns da zona dun servizo en condicións do que carecen actualmente, senón que lles evitaría a molestia de ter que soportar dúas obras nun período tan curto de tempo, segundo afirma o grupo liderado por Jacobo Moreira.