As obras na cuberta do edificio da escola infantil de Príncipe Felipe, cando conclúa o curso escolar
Por Redacción
A fin do curso escolar marcará o inicio das obras de mellora na cuberta do edificio de Maternais e da Escola Infantil de Príncipe Felipe.
Así o comunicou a deputada responsable do centro, Eva Vilaverde, tras aprobar a Xunta de Goberno da administración provincial a adxudicación dos traballos á empresa Civil Global por 295.352 euros.
Esta decisión pretende evitar molestias aos menores da cidade infantil.
A actuación na cuberta deste centro foi deseñada para solucionar o problema de deterioración sufrida polo paso do tempo desde a súa construción, que provoca a entrada de auga ás instalacións.
As obras requiren dunha nova instalación de evacuación de augas pluviais das que o edificio carecía e ademais taparanse dous patios interiores para evitar a entrada directa da auga.
Este proxecto inclúe unha nova rede de saneamento separativo que permitirá que a rede unitaria existente recolla só as augas fecais. Tamén se construirán dous novos lucernarios con forma triangular nunha mellora que afectará a unha superficie total 2.484 metros cadrados.