Denuncian a tala non autorizada de árbores nun parque de Cerponzóns e apuntan a "rifas veciñais"
Por Redacción
Veciños da parroquia pontevedresa de Cerponzóns denuncian que alguén cortou varias árbores nun parque do lugar de Meán sen ter autorización dos seus propietarios, a comunidade de montes.
Ademais de dar a coñecer os feitos, os veciños tamén apuntan a que detrás desta acción non hai un acto de vandalismo, senón que se trata de "rifas entre veciños". Para soster estas afirmación indican que a persoa que o fixo esmerouse moito en tapar as probas e facer o posible para que non se notara a falta das plantas.
Segundo denuncian, todo sucedeu este luns 4 de xuño aproveitando as choivas que caeron durante toda a mañá. As árbores que apareceron cortadas foron varios castaños e carballos americanos, pero non poden concretar o número exacto precisamente porque a persoa responsable cortounos moi ben para evitar que se notara.
Trátase de árbores de especies autóctonas que foran plantadas pola comunidade de Montes de Cerponzons no ano 2010 aproveitando unha limpeza que fixeran pola zona. En concreto, estaba no parte do lugar de Mean, una zona que empezara a ser recuperada pola comunidade de Montes nos anos 90, pero que logo estivo anos en abandono ata que recentemente os veciños lograron adecentala coa colaboración de diversas administracións.