Nova vida para o vello tronco da Alameda de Marín
Por Redacción
O escultor Santiago Castro Soage deu unha nova vida a unha das árbores que foi necesario tallar na Alameda de Marín polo perigo que supoñía a súa estrutura. Modelou o tronco ata convertelo nunha escultura que se inaugurou este venres.
Actuou sobre o tronco e transformouno nunha cadeira antiga dedicada a Rosalía de Castro e que, ademais, na parte traseira inclúe a cara dun druída.
A presentación correu a cargo do escultor, que fixo un relato da idea desta obra, e posteriormente tres bailarinas realizaron unha coreografía en honra a Rosalía de Castro coa letra do seu popular Negra Sombra. Unha delas foi Romina Castro Soage, profesora de ballet desde hai varios anos e irmá do escultor.
Este novo elemento pretende ser un novo atractivo non só para poder contemplar, senón para sacarse fotos e poder gozar deste novo espazo tan especial. Respecto diso, o Concello destaca que será un novo reclamo para que veciños e visitantes fáganse fotos sentados
A escultura está dedicada a Manuel Soage, tío do escultor recentemente falecido en accidente de coche.