Marín prepárase para poñer en marcha o viveiro de empresas
Por Redacción
Despois deste verán comezará a actividade no novo viveiro de empresas de Marín, que terá como obxectivo ser un punto de encontro que permita poñer en marcha diferentes experiencias empresariais no sector da hostalería.
Este espazo foi construído pola Autoridade Portuaria tras un convenio de ocupación que permitirá que o concello poida utilizalo con estes fins. A delegada da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, reuníanse nas últimas horas para facer pública a entrega do local no que se realizaron as obras.
A proposta contempla crear un espazo no Porto de Marín que sirva para ofrecer espazos que permitan promover negocios empresariais.
Neste caso, seleccionouse o mundo da hostalería. As instalacións contan cunha zona ampla de cociña e showcooking para fomentar a profesionalización dos emprendedores.
Relacionadas:
-
Ampliado o prazo de solicitude de despachos no Espazo Emprendedor de Marín
Por Redacción |
-
O novo viveiro de empresas na Zona Franca de Marín, acondicionado e listo para darse a coñecer
Por Redacción |
-
O Porto de Marín acolle a maior descarga da súa historia nun só barco
Por Redacción |
-
Acondicionan o local do viveiro de empresas de porto de Marín para demostración de produtos
Por Oskar Viéitez |
-
Zona Franca impulsa en Marín un viveiro de empresas enfocado aos produtos do mar
Por Redacción |
-
O Concello de Marín e a Zona Franca de Vigo promoverán un viveiro de empresas no municipio
Por Redacción |