Un turismo, ocupado por un mozo e un bebé, impacta contra un autobús en Vilalonga
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un condutor impactaba ao redor das 23.00 horas da noite deste venres contra un autobús aparcado en Vilalonga, no municipio de Sanxenxo. Por causas que aínda están por determinar, ao condutor do turismo fóiselle o vehículo golpeando o autocar de transporte.
O mozo viaxaba cun bebé no turismo. Con todo, non se rexistraron danos persoais, segundo informan fontes municipais.
Ata o lugar no que se rexistrou o accidente na estrada PO-508, desprazáronse efectivos do servizo de Emerxencias de Sanxenxo, axentes da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia medicalizada por se era necesaria unha intervención sanitaria.
Por precaución, segundo informa o Servizo de Emerxencias do 112 Galicia, o bebé que viaxaba no interior do vehículo foi evacuado polos servizos sanitarios de urxencia para ser sometido a unha evaluación médica e descartar posibles lesións.