Agárdase unha semana de inestabilidade atmosférica e boas temperaturas nas Rías Baixas
Por Redacción
Este luns, as Rías Baixas continuarán baixo a influencia anticiclónica coa entrada de aire cálido que procede do sur da península. Segundo as previsións de Meteogalicia, espérase unha xornada de ceos despexados, coa posibilidade de que se formen durante as tarde nubes de evolución en áreas do interior que poderían descargar algún chuvasco ocasional no sueste de Galicia.
As temperaturas continúan en ascenso, situándose entre os 19 e os 30 graos. Os ventos soprarán frouxos e de dirección variable.
Para este martes 10, as temperaturas manteranse entre os 18 e os 27 graos, con vento que soprará frouxo de compoñente oeste, que achegarán brumas costeiras na franxa atlántica e suavizarán lixeiramente a sensación de calor. Os ceos alternarán nubes e claros, coa posibilidade de chuvascos tormentosos.
Para o mércores 11, o aire frío en altura traerá consigo inestabilidade atmosférica sobre Galicia. O día virá caracterizado por ceos parcialmente cubertos, con chuvascos ocasionalmente tormentosos, máis probables no interior de Galicia. As temperaturas situaranse entre os 16 e os 26 graos, con vento que soprará frouxo de nordés.
A partir do xoves, as temperaturas seguirán variando entre os 16 graos de mínima e os 29 de máxima, con inestabilidade atmosférica.