A avenida Luis Rocafort xa pertence, de maneira oficial, ao Concello de Sanxenxo
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns o decreto que admite a titularidade municipal da Avenida Luís Rocafort. Desta forma, a Deputación Provincial de Pontevedra cede esta vía ao Concello de Sanxenxo. Esta decisión nacía co convenio asinado entre ambas as institucións co obxectivo de transferir a estrada provincial EP-9204 ao concello que goberna Telmo Martín. Nese convenio de abril de 2016 establecíase tamén a urbanización da avenida.
Luís Rocafort é unha das principais arterias da vila turística. Comunica o paseo de Silgar co centro urbano de Sanxenxo e coa estrada Pontevedra-A Lanzada (PO-308). O tramo que cambia de titularidade conta cunha extensión de 590 metros.
Con este cambio, o Concello será o responsable da conservación e mantemento desta vía, que con motivo das obras acometidas provocou tensións entre Gonzalo Pita, entón alcalde, e o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, detonante do cambio de goberno en Sanxenxo.
Relacionadas:
-
A reformada avenida Luis Rocafort pasa a mans do Concello de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Os veciños da avenida Luis Rocafort piden a zona azul para aparcar
Por Redacción |
-
A polémica reforma de Luis Rocafort dá paso a unha nova avenida
Por Redacción |
-
O tripartito de Sanxenxo salta polos aires e coloca a Telmo Martín preto da Alcaldía
Por Redacción |
-
Deputación e Sanxenxo botan un pulso polos aparcadoiros en Luís Rocafort
Por Oskar Viéitez |