Cerdedo-Cotobade aforra 25.000 euros no servizo informático e no alumeado municipal
Por Redacción
Cerdedo-Cotobade vén de acadar unha importante rebaixa, cifrada en algo máis de 25.000 euros anuais, na adxudicación dos contratos para o mantemento dos equipos informáticos municipais e para a conservación, reparación e mantemento do alumeado público.
"Ser un concello máis grande ten moitas vantaxes cos subministros e cos provedores", explican desde o goberno local, xa que o maior volume de traballo que hai, por exemplo, nas áreas informática e eléctrica permite que as empresas ofrezan un prezo máis axustado, "o cal revirte favorablemente nas arcas municipais".
Deste xeito, o contrato de atención do alumeado público -un servizo que se pretendeu municipalizar pero que non se puido ata a data polas limitacións normativas estatais de contratación de persoal- saíu a licitación por 60.000 euros anuais, incluíndo impostos, e vén de adxudicarse á empresa Elecnor por 38.649 euros.
Por outra banda, o contrato de mantemento de equipos informáticos municipais vai ser desenvolvido pola empresa Infotiendas 2012 por un custo global de 7.245 euros por exercicio, o que supón unha redución de 3.755 euros ao ano, xa que se contemplaba unha partida para este servizo de 11.000 euros, que foi o prezo do concurso público.
"A operatividade e eficiencia da agrupación dos dous concellos percíbese especialmente e día a día nos subministros, negociacións con provedores e custo dos servizos, nos que, como no caso do alumeado e a informática, estamos a obter importantes aforros", explican desde o executivo.
Relacionadas:
-
Cerdedo renovará o 70% da iluminación pública con sistemas eficientes antes de final de ano
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade implanta sistemas de eficiencia na iluminación de Quireza e Vilalén
Por Redacción |
-
Cambio de luminarias en Pedre, Figueroa e Tomonde
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade aforrará 100.000 euros en telefonía, seguros e asistencias técnicas
Por Alejandro Espiño |
-
Cerdedo-Cotobade aforra 40.000 euros no servizo de mantemento do alumeado
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade aforra 40.000 euros no servizo de mantemento do alumeado
Por Redacción |