Un incendio provoca danos materiais na cociña dunha vivenda de Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un incendio rexistrado na mañá deste luns nunha vivenda da Travesía República Arxentina de Marín deixou importantes danos materiais na cociña e o resto da casa afectada polo fume.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume calcinou o mobiliario da cociña, a campá extractora e o teito, sen que ningunha persoa resultase ferida.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o lume declarouse sobre as 9.30 horas deste luns e, unha vez que un particular alertou sobre o ocorrido, mobilizouse á Policía Local, aos Bombeiros do Morrazo e de Pontevedra e a Protección Civil de Marín. Ademais, o persoal do 112 informou ao 061- Urxencias Sanitarias por precaución.
Unha vez no lugar do incendio, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Morrazo e de Pontevedra sufocaron o lume e ventilaron a vivenda.