Mellora a entrada de luz natural no mercado de Sanxenxo
Por Redacción
Esta semana substituíronse as antigas celosías da praza de abastos, por unha carpintería de aluminio que mellora a entrada de luz no edificio e renova a súa imaxe.
Cun orzamento aproximado de 7.000 euros substituíronse as antigas celosías de pedra, que non permitían a entrada de luz solar polo estado de deterioración que presentaban, por unhas cristaleiras con carpintería de aluminio que a través da que entrará máis luz no lugar.
Nun futuro, o mercado Sanxenxo requirirá unha actuación maior que modernice as instalacións e fomente e incentive o mercado local da vila.