Sorprenden "in fraganti" dúas persoas intentando roubar nunha zapatería do Burgo
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detiveron dous homes de 38 e 42 anos, veciños de Pontevedra, que foron sorprendidos "in fraganti" tratando de forzar a porta de entrada a unha zapatería do barrio do Burgo.
Segundo informou a comisaría provincial, os feitos sucederon a pasada madrugada. Un cidadán alertou ao 091 da presenza destes dous individuos ante o establecemento.
A chegar, os axentes observaron que a tenda tiña fracturados varios cristais do escaparate e da porta de acceso.
Un dos detidos saíu fuxindo á carreira e tras efectuar unha batida pola zona os axentes localizárono nas inmediacións da rúa Santiña. O individuo ao detectar a presenza policial arroxou ao chan debaixo dun coche unha pedra e un desaparafusador.
O segundo individuo foi localizado por outra patrulla policial escondido entre os coches estacionados no aparcadoiro da zona do estadio de Pasarón.
Ambos foron detidos como presuntos autores dun delito de roubo con forza e foron postos a disposición da autoridade xudicial.