Bota a andar o campo internacional de traballo de Carballedo con 13 mozos de España, Taiwán, México e Xapón
Por Redacción
O campo internacional de traballo de Carballedo botou a andar esta semana por quinto ano consecutivo, consolidándose como unha das iniciativas de maior importancia no marco da campaña de verán da Dirección Xeral de Xuventude e que nesta ocasión se centrará no acondicionamento do Castro de Famelga.
Nesta quinta edición participarán 13 rapaces, chegados de diversos puntos de España e de países lonxanos como México, Taiwan ou Xapón e que se atopan aloxados no colexio de Carballedo.
Este campo internacional de traballo, impulsado pola Xunta e financiado polo Concello, prolongarase ata o vindeiro 12 de agosto e tamén incluirá actividades de lecer para os seus participantes, como a realización de roteiros históricos ou visitas a lugares de interese da provincia de Pontevedra e Santiago de Compostela. O vindeiro sábado haberá un xantar de confraternidade a modo de despedida no restaurante A Raxadal.
Este mércores participaron nunha recepción oficial por parte do presidente municipal de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, na que se afondou sobre o proxecto que se vai desenvolver este ano e que consiste no acondicionamento ambiental e a elaboración dun estudo sobre o patrimonio material e inmaterial do Castro de Famelga, que foi obxecto de catas e escavacións arqueolóxicas o ano pasado.
Cubela aproveitou a recepción para darlles a benvida e desexarlles unha boa estancia e destacou a importancia desta actividade, "xa que pon ao noso territorio no mapa internacional e ademais faino dun xeito moi positivo, xa que t pon ao noso territorio no mapa internacional e ademais faino dun xeito moi positivo odos os participantes sempre destacan a beleza do mesmo".