Portomaior e Area de Bon acollerán actividades sobre ecosistemas mariños
Por Redacción
Escolares de máis de 8 anos que se acheguen ás praias bueuesas de Area de Bon e Portomaior podrán gozar do programa de actividades de educación ambiental 'Xogos na praia', que este mércores presentaba a concelleira de Turismo, Silvia Carballo, no Concello de Bueu.
Se trata de dous obradoiros que se desenvolverán en horario matinal o 25 de agosto en Portomaior e o 1 de setembro en Area de Bon promovendo actividades que sensibilizarán os máis pequenos sobre a importancia dos ecosistemas mariños e da contorna natural destas praias.
A iniciativa busca que os participantes realicen actividades relacionadas coa reciclaxe, a bioloxía e o aproveitamento natural dos recursos mariqueiros e pesqueiros da ría. Estes obradoiros son gratuítos e súmanse a outras propostas que se organizan nas Aulas de Interpretación, no espazo protexido de Cabo Udra e en Agrelo.