Ferido un motorista tras chocar contra un xabaril na PO-11
Por Redacción
A aparición dun xabaril na vía provocou este xoves un accidente de circulación en Pontevedra no que se viu implicado un motorista.
O suceso tivo lugar preto da medianoite na PO-11, estrada que une a rotonda do Pino coa Autovía de Marín, en dirección Pontevedra.
Segundo explica o 112 Galicia, o motorista chocou contra o animal.
O Centro de Atención ás Emerxencias do 112 solicitou a colaboración dos servizos sanitarios de urxencia para atender o motorista, que resultou ferido, e tamén do persoal de limpeza e mantemento de estradas para proceder á retirada do animal, que perdeu a vida.
Ata o lugar desprazáronse ademais efectivos da Garda Civil de Tráfico.