Un turismo atropela un porco en Santa Ana, en Ponte Caldelas
Por Redacción
A Garda Civil de Tráfico e o servizo de conservación de estradas tiveron que intervir na noite deste domingo nun accidente de circulación rexistrado na parroquia de Santa Ana, no termo municipal de Ponte Caldelas, cando un turismo atropelou un porco que cruzaba a estrada.
Segundo informou a Garda Civil, o aviso chegoulles ás 23.31 horas deste domingo. Un particular alertou ao 112 do atropelo e inmedidatamente trasladouse ao lugar unha patrulla.
O sinistro produciuse na estrada PO-532 Pontevedra-Ponte Caldelas á altura do concesionario de vehículos de Santa Ana e víronse implicados un turismo e o propio animal. No turismo viaxaban tres persoas que resultaron ilesas.