Portas destina as axudas da Deputación ao saneamento de augas residuais en Romai Vello e Outeiriño
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, un novo investimento no concello de Portas ao abeiro do Plan de Concellos 2018 que financiará con 42.752,16 euros o saneamento de augas residuais en Romai Vello e Outeiriño.
Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para Portas. En concreto, 36.040,74 euros para a amortización da débeda do concello.
Tamén, outros 85.596,77 euros foron destinados á contratación de 10 traballadores que están a desempeñar funcións no municipio.
Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 164.389,67 euros do total destinado a Portas, isto é, o 25,35%.