GALERÍA 1. Chega o viño á Feira Franca co mercado repleto de xente
Por Oskar Viéitez & Paula Sanmartín
A recreación do transporte do viño a cargo da Asociación Recriativa de Xeve, Art Monium e Pablo Méndez animación, un espectáculo moi colorido cheo de música e con gran ambientación no que os grandes protagonistas foron dous enormes bois que empuxaban o carro co viño.
Percorreron as rúas Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría e a praza da Ferraría ata terminar na da Peregrina.
Un pouco antes abriu o mercado medieval na avenida de Santa María e a mostra de oficios na praza da Ferraría e na do Peirao.
Non faltaron á cita a Asociación Cultural Pola Vila, que interpretou polo centro histórico as Cantigas de Afonso X e música medieval. A Escola Hungaresa ofreceu demostracións e obradoiros de esgrima en Montero Ríos onde coincidiron co Tiro con arco do Club Boa Vila e as aves rapaces de Falcóns de Galicia e na praza da Verdura os Mercenarios do Norte exhibiron o seu dominio da esgrima antiga.
Relacionadas:
-
GALERIA 4.- Ambiente polas rúas na Feira Franca
Por Diego Torrado |
-
GALERÍA 2. Xantares na Feira Franca 2018
Por Paula Sanmartín |
-
GALERIA 3.- Máis xantares na rúa na Feira Franca
Por Diego Torrado |
-
O Concello xa está "discurrindo cousas" para o 20 aniversario da Feira Franca
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Comeza na Boa Vila unha Feira Franca de lenda
Por Oskar Viéitez |
-
Obxectivo: Feira Franca sen acoso e incidentes
Por Redacción |