Cubela pide a Fomento consenso coa veciñanza antes de continuar co proxecto da N-541 en Viascón
Por Redacción
Jorge Cubela, presidente municipal de Cerdedo-Cotobade, anunciou este xoves a presentación dunha moción para debate no pleno do próximo 27 de setembro na que pide ao Ministerio de Fomento que manteña paralizado o proxecto de reforma da estrada N-541 ao seu paso pola parroquia de Viascón.
O representante municipal cre que é necesario alcanzar un acordo coa veciñanza antes de acometer as expropiacións xa que o goberno do Estado citou ás persoas afectadas ao acto de firma de actas previas á expropiación de terreos. Cubela quere manter unha reunión urxente con representantes de Fomento para tratar o tema.
O proxecto paralizouse hai tres anos, co Goberno de Mariano Rajoy. A veciñanza da parroquia entende que a solución técnica ofrecida causaba un grave prexuízo na zona. O Concello e os habitantes desa contorna consideran que Viascón non sofre un problema de seguridade nese tramo da N-541 e por tanto ven innecesaria unha obra que illa e divide a parroquia.
O proxecto recolle a creación dunha medianeira horizontal cun carril de incorporación, ademais dunha vía lateral de servizo. No caso de que se acometa esta proposta, Cubela reclama a humanización desa zona coa instalación de beirarrúas que favorecerían a mobilidade.
En todo caso, o presidente municipal solicita ao Ministerio de Fomento que busque o consenso cos veciños a través dunha negocación.
Relacionadas:
-
Maica Larriba informou en Viascón que non houbo alegacións ao proxecto da N-541 por parte do Concello
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas acusan a Cubela de "faltar á verdade" no proxecto da N-541 ao seu paso por Viascón
Por Oskar Viéitez |
-
En Marea reclama a Fomento a suspensión do vial de acceso a Viascón
Por Redacción |