Sol e calor durante a fin de semana
Por Redacción
A inestabilidade atmosférica de xornadas anteriores irá diminuíndo este venres e as temperaturas máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprará moderado do nordés.
A previsión de MeteoGalicia apunta que o sábado e o domingo estaremos baixo a influencia das altas presións con presencia de aire frío nas capas altas da atmosfera. Esta situación nos traerá unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con formación de nubes de evolución durante a tarde que poderán xerar chuvascos treboentos máis probables no interior e en áreas de montaña. Pola noite teremos brétemas costeiras.
As temperaturas mínimas e máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente norte frouxos en xeral.
Ó comezo da vindeira semana continuará a influencia anticiclónica, con tempo seco e estable, e temperaturas sen cambios significativos. Co avance da semana, achegase aire frío en altura, o que aumentará a inestabilidade e a probabilidade de chuvias, e provocará un descenso das temperaturas.