Evacúan en helicóptero un pescador tras caer nas rochas en Punta Cabicastro
Por Redacción
Un mozo na vintena de idade foi evacuado este martes de urxencia en helicóptero tras precipitarse polas rochas en Punta Cabicastro, en Sanxenxo.
Segundo explicaron testemuñas desde o lugar, o mozo baixaba a última hora da tarde pola zona, que separa as praias de Canelas e Paxariñas, coa intención de pescar acompañado por dous amigos cando escorregou e caeu contra as pedras.
O forte golpe e o difícil acceso fixeron complicado o seu rescate, no que interviñeron efectivos do 061, Emerxencias de Sanxenxo, Bombeiros do Salnés, Garda Civil e Policía Local, ademais do helicóptero de Salvamento.
O ferido, que se atopaba consciente, foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.