O Concello de Marín e as ONG coordínanse para o Nadal
Por Redacción
Este luns tivo lugar no Concello de Marín unha nova reunión dos responsables dos Servizos Sociais coas ONG da vila, presidida pola concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, onde o obxectivo principal é coordinar os recursos e as necesidades que xurden na vila.
Particiaron a Asociación AMENAC, a Asociación de Acción Solidaria Sor Elvira, a Asociación benéfica de atención al necesitado SOS-Marin, a Asociación Voluntarias de la Caridad San Vicente de Paúl en representación del comedor benéfico e Cáritas Parroquial de Marín e de Santo Tomé de Piñeiro.
Estas xuntanzas permiten ás ONG poñer enriba da mesa a problemática diaria coa que se atopan e ao mesmo tempo tratar de buscar solucións, optimizando os recursos e intentando chegar a todas as persoas e unidades familiares que o necesitan, tendo en conta a gran labor que realizan as persoas voluntarias de facer que a axuda chegue a máis xente, aplicando criterios xustos.
Nesta reunión, a número 23, fíxose un seguimento dos últimos dous meses, pero sobre todo se coordinaron as actuacións previstas para o próximo Nadal, como a organización da recollida de alimentos nos centros escolares en favor das asociacións, do reparto deses alimentos e productos de tempada ás familias, da venta de rifas entre toda a poboación marinense para sortear as cestas.
Ademais disto se trataron tamén outros asuntos máis particulares de cada entidade participante.
Fixáronse certos criterios de suspensión e extinción de axudas de alimentos hacia aquelas persoas ou familias que non cumpren, ademáis de criterios socioeconómicos, criterios de boas prácticas e bo uso das mercancías distribuidas.
As asociación tamén se mostraron agradecidas polo apoio económico da empresa ENCE, a través do seu plan de axudas a proxectos adicados a la inserción social.