Venres de zumba na Zona Monumental
Por Redacción
Este venres 5, a partir das 19.30 horas, a praza de Curros Enríquez converterase nun gran espazo para desenvolver a práctica de zumba a través das propostas que realice a instrutora Gaudys Boggio.
Trátase dunha actividade gratuíta, que promove a asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental coa intención de dinamizar o centro histórico con iniciativas que atraen tanto a adultos como a menores.
A zumba é unha práctica de fitness que busca manter un corpo saudable, ademais de desenvolver, fortalecer e flexibilizar a musculatura.
Zona Monumental busca con esta nova actividade que veciños, clientes e visitantes asistan a este evento que, ademais de axudar a poñer en forma aos participantes, garante diversión a todos os asistentes.