VÍDEO.- Un autobús queda atascado en Benito Corbal
Por Redacción
A nota curiosa do día festivo do 12 de outubro en Pontevedra púxoa este ano un autobús que quedou atascado cando circulaba pola rúa Benito Corbal en dirección á rúa Sagasta.
Testemuñas presenciais explicaron que ocorreu sobre as 16.00 horas deste venres e o condutor do autobús tivo que realizar abundantes manobras durante varios minutos para poder moverse do lugar no que estaba, xusto á altura do cruzamento no que empeza a zona peonil de Benito Corbal.