Marea Pontevedra tamén quere recuperar o asilo como residencia pública para maiores
Por Redacción
Marea Pontevedra propón recuperar o asilo de anciáns que rexentaba a congregación relixiosa das Irmás dos Anciáns Desamparados na rúa Loureiro Crespo e, tras acondicionalo, convertelo nunha residencia de maiores homologada e de carácter público.
Este espazo deixaba de atender a persoas da terceira idade en 2012.
A agrupación que encabeza Luís Rei entende que a Xunta de Galicia se leva a cabo esta recuperación xa non tería que destinar o Hospital Provincial a uso xeriátrico e, desta forma, manteríase con fins sanitarios, tal e como reclama a plataforma SOS Sanidade Pública.
A deputada de En Marea no Parlamento Galego Paula Verao e o portavoz local, Luís Rei, indicaban este xoves que, na actualidade, a suma de prazas públicas e privadas para persoas maiores no municipio, só alcanzan unha porcentaxe de 1,75 prazas por cada 100 maiores de 65 anos. Lamentan que en Pontevedra só atópese en funcionamento unha residencia de maiores de xestión pública, cunha oferta de 136 prazas.
A proposta coincide coa manifestada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ao alcalde de Pontevedra durante o encontro mantido en Santiago de Compostela, que afirmou que o goberno autonómico está en negociacións para reabrir este centro.
Relacionadas:
-
Que está a pasar coa corta masiva de árbores nos xardíns do antigo asilo?
Por María José Pita |
-
Marea Pontevedra colga unha pancarta no Hospital Provincial para reclamar que se manteña o seu uso sanitario
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Feijóo revela a Lores que a Xunta negocia a reapertura do antigo asilo como residencia de maiores
Por Redacción |
-
O antigo asilo de Loureiro Crespo, de residencia a vivenda para refuxiados?
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |