Deteñen os autores do roubo na oficina de Correos de Vilalonga
Por Redacción
Axentes da Garda Civil de Sanxenxo detiñan nas últimas horas un matrimonio residente en Vilalonga, Sanxenxo, como presuntos autores dun roubo cometido na oficina de Correos deste municipio.
Os efectivos do posto da Garda Civil nesta localidade iniciaron unha investigación por mor da denuncia presentada polo funcionario responsable da oficina de Correos de Vilalonga. Os ladróns levaron do interior das dependencias da empresa de correos nove paquetes, que se atopaban á espera de ser entregados en diferentes domicilios.
A inspección ocular realizada polo equipo de investigación constatou que os autores forzaran a porta traseira do local. A esta porta só se pode acceder a través do patio interior do edificio. Esta circunstancia levou a que as pescudas da Garda Civil concluísen coa detención do matrimonio. Esta parella, que reside en Vilalonga, conta cun amplo historial delituoso por delitos contra o patrimonio.
Ambos foron postos a disposición do xulgado de instrución de garda de Cambados, que decretaba a liberdade provisional coa obrigación de acudirse nos xulgados periodicamente.
A investigación continúa aberta co obxectivo de pescudar en que lugar se atopan os efectos que foron subtraídos.
Relacionadas:
-
Prisión por roubar da oficina de Correos de Vilalonga nove paquetes pendentes de entrega
Por Redacción |
-
As pegadas dactilares delatan o autor dun roubo nun domicilio de Vilalonga
Por Redacción |
-
Ingresa en prisión un ladrón cun amplo historial de roubos en Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Garda Civil detén tres mozos pontevedreses por varios roubos en establecementos públicos
Por Redacción |