Oito alumnos beneficiaranse das Bolsas de Idiomas Ence
Antonio Casal, director territorial de Ence, e Pablo Crespo, director do Instituto Interculturas, foron os encargados de facer entrega das oito bolsas que permitirán estudar de maneira gratuíta durante todo o curso académico a diferentes escolares.
O director de Instituto Interculturas quixo agradecer a Ence, un ano máis, a súa colaboración neste proxecto que permite mellorar a formación de oito alumnos, non só no ámbito lingüístico, senón tamén no cultural, xa que se lles ensinan contidos para mellorar a comunicación real entre as distintas linguas e culturas do mundo.
Ademais destacou que outra das características básicas do curso é fomentar o desenvolvemento sustentable a través do coidado do medioambiente.
O agradecemento foi mutuo, xa que o director territorial de Ence, quixo dar as grazas por presentar iniciativas que melloren a calidade de vida dos seus veciños, destacando a formación como un beneficio clave no futuro da xuventude.
Neste contexto Instituto Interculturas celebra esta semana as súas xornadas da tolerancia para aprender a convivir con persoas de todos os países, relixións e crenzas. Os alumnos e alumnas de Instituto Interculturas quixeron obsequiar aos presentes coa lectura dun poema en inglés sobre a importancia de ser tolerante e a posta en escena dunha canción dedicada á diversidade humana.