Ence incorpórase ao selectivo IBEX 35
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Comité Asesor Técnico do IBEX 35 seleccionou a Ence para entrar a formar parte do selectivo bolsista. A decisión, baseada en criterios de "liquidez, capitalización e a estabilidade", permitirá a Ence cotizar no selecto grupo das compañías con maior liquidez da bolsa española. Ence sustitúe ao Grupo Día.
Esta empresa é referencia na produción de celulosa de eucalipto e líder en enerxía renovable con biomasa. A día de hoxe ofrece unha das rendibilidades por dividendo maiores da bolsa española.
Ignacio Colmenares, conselleiro delegado de Ence, afirmou que "contar cun posto entre as 35 empresas con maior volume de negociación en bolsa do país supón un importante paso para Ence para a nova etapa estratéxica que afronta a compañía, así como o recoñecemento á exitosa execución do Plan Estratéxico 2016-2020 que logramos finalizar cun ano de antelación sobre os prazos que nos marcabamos".
Ence fará efectiva a súa incorporación ao IBEX 35 o próximo 24 de decembro.