Rueda salienta a importancia do sector forestal na entrega do Premio Proxecto Innovador Forestal da Cámara
Por Redacción
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia, acompañado polo conselleiro de Medio Rural José González, asistía na noite deste xoves á entrega do segundo Premio Cámara de Comercio al Proxecto Innovador Forestal, que se desenvolvía en Pontevedra.
O vicepresidente autonómico destacou a importancia destas propostas para facer cidade co obxectivo de innovar dentro da área forestal.
José González tamén destacaba a relevancia deste premio para fomentar a creatividade no sector que tivo un crecemento sostido de facturación durante os últimos anos e que neste 2018 vai situarse entre o 5 e o 8%. Ofreceu o dato de que en 2017 rexistrouse un volume récord de corta de madeira en Galicia, con 8,5 millóns de metros cúbicos.
Tamén apuntou que a vaga de lumes forestais en 2017 serviu para reflexionar sobre esta cuestión coa creación dunha comisión parlamentaria de estudo na que se elaborou un dictame para que a Xunta o asuma coa intención de reordenar o monte galego.
O premio foi para o proxecto SmartWood. Este galardón inclúese dentro do Plan Social impulsado pola Xunta de Galicia coa empresa Ence, que estaba representada polo director territorial Antonio Casal. A dotación é de 5.000 euros para o primeiro premio e de 2.000 para o accésit.