Detido un mozo de Sanxenxo por roubar no interior dun vehículo
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detiveron un mozo de 23 anos de idade, veciño de Sanxenxo, con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de roubo con forza en interior de vehículo.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra os feitos sucederon o pasado día 11 de decembro.
O propietario do automóbil denunciou que substraeran dúas caixas de ferramentas, un GPS e uns lentes de sol, cando tiña o seu coche estacionado no interior do garaxe. Ademais unha motocicleta alí aparcada e do mesmo propietario que o vehículo presentaba danos.
Despois dun traballo de investigación, os axentes puideron localizar e deter ao presunto autor destes feitos.