O PP pide agora a Fomento que aclare os seus plans sobre a subestación para Adif en Bértola
Por Redacción
O Partido Popular, a través da deputada nacional Pilar Rojo, pediu agora explicacións ao Goberno de Pedro Sánchez sobre os plans que ten para a parroquia de Bértola, en Vilaboa, ante a "hipotética reactivación do proxecto da subestación plantexada por Adif".
Concretamente, a iniciativa rexistrada na mesa do Parlamento pregunta "si o proxecto está totalmente rexeitado ou se, do contrario, esperarán a que se resolva o contencioso-administrativo no que está inmersa a autorización, ou si se estudou ou se valorará algunha outra ubicación de acordo co solicitado polos veciños".
Así se comprometera hai uns meses o concelleiro do PP e candidato á alcaldía, Alberto Acuña, nunha reunión que mantivo coa plataforma, coa asociación de veciños e coa comunidade de montes, á que tamén asistiron os deputados autonómicos do PP Jacobo Moreira e Alberto Pazos.
Nese encontro, os veciños da parroquia de Bértola amosaron a súa "preocupación" ante a "posibilidade de que Fomento estivera valorando reactivar o proxecto da subestación que Adif plantexou para esta parroquia", de aí que os populares plantexen esta pregunta ao Goberno central para que aclare "canto antes" cal é a situación.
Alberto Acuña amosa o apoio do PP de Vilaboa á postura defendida polos veciños, que opinan que esta instalación é innecesaria, xa que na actualidade Adif conta con outros puntos de subministro e, en todo caso, plantexan una reubicación da estación.