O Grove contará cunha pantalla informativa de datos metereolóxicos e calidade do aire
Por Redacción
Portos de Galicia acaba de comunicar a autorización para a colocación dunha pantalla dixital informativa na praza do Corgo.
Trátase dunha instalación subvencionada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático e consiste nunha pantalla dixital que informará de xeito inmediato sobre a situación meteorolóxica e a calidade do aire no Grove.
Ao igual que noutras localidades, trátase dunha información de interese público que, ademais estará nas proximidades da propia Oficina de Turismo cumprimentando así a información sobre a localidade para os visitantes.
Logo de que a autorización fora comunicada, queda pendente a instalación da mesma a cargo da correspondente Dirección Xeral.