Os donos de cans de Marín reclaman un espazo urbano para poder pasear os seus animais
Por Redacción
Despois de chegar a un acordo sobre a presenza de animais de compañía nos areais do municipio, prohibida agora do 15 de xuño ao 15 de setembro e con limitacións do 1 de abril ao 15 de xuño e do 15 ao 30 de setembro, a recentemente constituída Asociación Cansdomar volveu mobilizarse ante o Concello de Marín.
Nesta ocasión o colectivo composto por donos de cans reclama que o goberno local habilite un espazo verde na zona urbana á que poidan acudir cos seus animais sen encontrarse restricións, unha proposta que polo momento non comparten dende a casa do concello.
A pesar de iniciar unha rolda de contactos as posturas entre Cansdomar e Concello están moi afastadas, motivo polo cal dende a asociación anuncian que seguirán manifestándose nas próximas datas.