![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e49/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/5c4b09a8bd-xuntanza-xeve-a57.jpg)
© Marea Pontevedra
Marea presentará unha queixa polas trabas para presentar alegacións contra a A-57
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Marea Pontevedra anunciou que rexistrará un escrito de queixa polas trabas que sofren os veciños afectados pola autovía A-57 para presentar as alegacións nos rexistros da Deputación de Pontevedra e nos do Ministerio de Fomento.
O colectivo cidadá insiste na súa postura de que esta autovía supón un "atentado ambiental" e un custo "infinitamente maior" que rescatar para o público a autopista AP-9 e liberala da súa peaxe. É ademáis, en palabras do concelleiro Luís Rei, "unha coitelada definitiva ao rural pontevedrés".
Marea Pontevedra critica que os rexistros do Ministerio de Fomento e da Deputación de Pontevedra poñan "impedimentos", limitando a presentación de alegacións a un máximo de 10 por persoa e día, segundo denunciaron os propios afectados. "Resulta incomprensible esta actuación, pois a propia administración non está cumprindo a lei de procedemento administrativo común", din.
Marea Pontevedra mantivo este xoves unha xuntanza con algúns afectados das parroquias de Xeve, Bora e Marcón, na que esta formación política comprometeuse a "camiñar do lado da veciñanza para sumar forzas contra esta desfeita" na que segundo o voceiro de Marea e candidato á alcaldía, Luís Rei, "Fomento do PP e do PSOE e o Bloque de Lores van xuntos neste ataque contra Pontevedra".