O PSOE pide o importe da factura e o nome da empresa que realizou o proxecto para o porto deportivo de Portonovo
Por Oskar Viéitez
A secretaria do PSOE sanxenxino y candidata a la alcaldía, Ainhoa Fervenza, ven de solicitar á Alcaldía do Concello de Sanxenxo o importe da factura e o nome da empresa que realizou o proxecto para o porto deportivo de Portonovo.
Con esta iniciativa o PSdG-PSOE quere poñer en coñecemento da veciñanza cal foi o método de elección da empresa que realizou o proxecto, e para elo quere saber se houbo máis ofertas, "ou se foi directamente elexida do xeito habitual, a dedo", din nun comunicado.
Os socialistas afirman que é importante poñer de manifesto que existen uns controis internos no Concello que teñen que funcionar, "xa que doutro xeito estamos ante un goberno sen fiscalización, e isto pode caer nun goberno onde o rei manda e os súbditos obedecen", sinalan.
Finalmente Ainhoa Fervenza critica que o goberno local teña cartos para "proxectos que non se van a realizar" e non para outros asuntos e destaca a "moralidade real dunha persoa que non ten escrúpulos despois de deixar o Concello na indixencia, en vir a vendernos o mesmo, mais proxectos imposibles, que polo de pronto soamente xeran gasto".