Antonio De Ron Pedreira, novo delegado institucional do CSIC en Galicia
Por Redacción
A presidenta do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Rosa Menéndez López, nomeou ao doutor Antonio De Ron Pedreira, delegado institucional do CSIC en Galicia.
Releva no cargo ao doutor Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, profesor de investigación do CSIC no Instituto de Estudos Galegos "Pai Sarmiento", que desempeñaba o cargo desde febreiro de 2012 e que permanece como director deste instituto.
Antonio De Ron Pedreira (Lugo, 1952) é doutor (1987) en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Todo o seu labor investigador desenvolveuse na Misión Biolóxica de Galicia con sede na parroquia pontevedresa de Salcedo, concretamente, no grupo de "Bioloxía de Agrosistemas", que dirixe desde 1988.
As súas liñas de investigación versan sobre biodiversidade, xenética e mellora de cultivos, principalmente leguminosas.
Autor de 66 artigos científicos en revistas de impacto e 70 libros e capítulos de libros.
Relacionadas:
-
O CSIC organiza en Pontevedra catro conferencias científicas do seu ciclo "Que sabemos de...?"
Por Redacción |
-
A Xunta investirá máis no CSIC para que Galicia sexa un espazo referente na investigación
Por Redacción |
-
A Misión Biolóxica, ás portas do seu centenario coa vista posta en achegarse á cidadanía
Por Redacción |
-
O CSIC Galicia ofrece a súa colaboración á Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
O CSIC presenta un completo programa de actos da Semana da Ciencia en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
"Brava galega" e "Mansa galega". De que estamos a falar?
Por Oskar Viéitez |
-
A Misión Biolóxica traballa para potenciar o uso de robots no viñedo
Por Oskar Viéitez |