Ence aumenta o seu beneficio un 40,6% tras alcanzar 131,7 millóns de euros en 2018
Por Redacción & Noticia patrocinada
Ence – Energía y Celulosa alcanzou un beneficio neto de 131,7 millóns de euros en 2018, un 40,6% máis que no exercicio anterior. O EBITDA da compañía creceu un 35% ata situarse en 290,9 millóns de euros e o pago de dividendos aumentou un 69% no ano.
Ignacio Colmenares, consejero delegado de Ence, destacou que "o principal impulso dos resultados veu polo negocio de Celulosa cuxas perspectivas continúan sendo moi favorables, dados o crecemento continuado da demanda e a ausencia de grandes proxectos de nova capacidade durante os próximos anos". Colmenares tamén sinalou que "2019 será outro ano de éxito para Ence no que daremos un novo impulso aos nosos dous negocios co obxectivo de alcanzar 340 millóns de euros de EBITDA.
Durante 2018, Ence investiu 280 millóns de euros en novos proxectos e 12 millóns en melloras en sustentabilidade. A compañía ampliou en 30.000 toneladas a súa capacidade de fabricación de celulosa e iniciou a expansión doutras 100.000 toneladas, que se completarán no primeiro semestre deste ano.
No negocio de enerxía renovable destaca a adquisición da planta termosolar de Puertollano (Cidade Real), que achegará 18 millóns de euros de EBITDA/ano. A finais de ano entrarán en servizo as novas plantas de biomasa de Huelva e Puertollano, que aumentarán noutros 30 millóns de euros o EBITDA anual. Estes investimentos permitirán elevar o EBITDA do negocio ata os 100 millóns €/ano.
A pesar deste importante esforzo investidor e da atractiva política de remuneración ao accionista, a forte capacidade de xeración de caixa de Ence permitiu situar o apancamento do grupo en tan só 1 vez Débeda Neta sobre EBITDA ao peche de 2018. Hai que sinalar que Moody´s y S&P melloraron este ano a súa cualificación crediticia de Ence nun chanzo. Ambas as axencias recoñeceron expresamente a mellora estrutural do modelo de negocio Ence, grazas ao crecemento en Enerxía Renovable.