A Xunta elimina en Poio tres puntos de vertido de augas residuais domésticas á ría
Por Redacción
Augas de Galicia vén de eliminar tres puntos de vertido que afectaban á ría de Pontevedra no lugar de Riodama, no termo municipal de Poio.
As labores de identificación do foco contaminante foron levadas a cabo polos inspectores do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia, no marco das inspección rutineiras á rede fluvial e na liña de costa no ámbito do citado municipio.
Os técnicos de Augas de Galicia identificaron que os aportes contaminantes correspondíanse con aportes de augas residuais domésticas procedentes dunha vivenda unifamiliar asentada neste lugar, que se vertían sen recibir tratamento de depuración cara ao río Muíño, no tramo da súa desembocadura na ría, atravesando a praia de Laño.
A problemática detectada foi posta en coñecemento do Concello de Poio para que notificase ao titular que levase a cabo as oportunas actuacións destinadas á emenda da contaminación asociada aos puntos de vertido.
Os inspectores de Augas de Galicia efectuaron recentemente a inspección de seguimento á zona, na que comprobaron a emenda dos punto de vertido, trala conexión das augas residuais domésticas procedentes da vivenda á rede municipal de saneamento existente na zona, o que permitiu o cese dos aportes contaminantes.