Aberto o prazo de achegas para a elaboración do estatuto do organismo autónomo do Museo
Por Redacción
Xa está aberto o prazo de achegas para a elaboración do estatuto do organismo autónomo do Museo de Pontevedra.
O obxectivo é abrir un proceso participativo que dea cabida ás inquedanzas do tecido cultural e asociativo, e de institucións públicas e privadas, tal e como anunciaran a semana pasada o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal.
O formulario, que permanecerá activo ata o 15 de abril, pode atoparse na seguinte ligazón.
Neste sitio web, desde o ente provincial explícase que a necesidade e oportunidade da aprobación deste regulamento está asociada ao procedemento de selección dunha persoa para ocupar o cargo de dirección en base a un cargo de dirección xeral, xunto coa consolidación nos orzamentos para o 2019 dunha praza de dirección de xestión por
Desde a Deputación tamén se vai realizar un traballo de difusión sobre este proceso participativo e enviaranse comunicacións a diferentes entidades e persoas particulares para convidalas a realizar as achegas que consideren oportunas.
Relacionadas:
-
Os traballadores do Museo opóñense a que sexa un organismo autónomo e que se transfira á Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación converterá o Museo de Pontevedra nun organismo autónomo cun consello asesor
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Comisións Obreiras alerta do perigo de "inxerencias políticas" da Deputación na dirección do Museo
Por Oskar Viéitez |
-
Buscan "solvencia e experiencia" para a dirección do Museo de Pontevedra
Por Diego Espiño |