O Liceo Casino repasa 32 anos de presenza do Exército na Antártida
Por Redacción
A 'Campaña Antártica' do Exército de Terra toma estes días as instalacións do Liceo Casino de Pontevedra.
O tenente coronel Alberto Salgas Méndez, xefe da XXIX Campaña Antártica, impartiu este luns unha conferencia na que explicou as orixes e historial desta campaña, a operación militar no exterior en vigor máis antiga, un despregamento especial pola distancia (13.000 quilómetros) como pola importancia da colaboración na investigación científica.
Tras a charla procedeuse á inauguración da exposición "A Campaña Antártica. 32 anos de presenza militar española no continente branco".
A mostra recolle un amplo catálogo de material relacionado coa campaña entre o que destaca un iglú, dúas maquetas da Base Antártica Española "Gabriel de Castilla", un poste coas distancias quilométricas que separan a Antártida de diversas localidades españolas, un vehículo e unha importante colección de fotografías da participación militar española na Antártida.
Esta exposición permanecerá aberta ao público ata o domingo 31 de marzo e poderá ser visitada este martes de 16:00 a 18:00 horas, de mércores a venres de 17:00 a 21:00 horas e sábado e domingo de 10:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 21:00.
Relacionadas:
-
RADIO.- "O que se fai medioambientalmente en Pontevedra tamén afecta á Antártida"
Por Marisa Ciordia |
-
O Liceo Casino 'presenta en sociedade' 11 mozas no seu tradicional Baile da Peregrina
Por Sofía Lorenzo & Redacción |
-
Concertos para todos os públicos no Liceo Casino
Por Noticia patrocinada |
-
O Grove volve acoller a militares do Exército que se preparan para unha nova campaña na Antártida
Por Redacción |
-
O IES Illa de Tambo, conectado coa Antártida
Por Redacción |
-
RADIO.- Comandante Valentín Benéitez desde a Antártida: "hai evidencias dun quecemento global"
Por Marisa Ciordia |