Feijóo asegura que a decisión do Estado sobre ENCE pon en perigo a bateas, conserveiras e depuradoras
Por Oskar Viéitez
O líder do Partido Popular de Galicia e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a decisión da Avogacía do Estado de non defender a prórroga da concesión á fábrica de Ence en Pontevedra, podería poñer en perigo a bateas, conserveiras e depuradoras que tamén "están a traballar no ámbito de dominio público marítimo".
Foi unha mensaxe que repetiu durante toda a xornada do sábado en varias citas electorais do PP nas que Feijóo alertou dos problemas que, ao seu xuízo, comporta esta "interpretación torticera" da Lei "por parte do Goberno socialista". "É a mesma que nos van a facer no sector pesqueiro e conserveiro, podémonos quedar sen decenas de depuradoras e sen varias industrias conserveiras", asegurou.
E estendeu tamén a ameaza engadindo que se podería chegar a cuestionar "se a concesión a bateas ata 50 anos é legal ou ilegal".
Lembremos que a Avogacía do Estado achandouse neste proceso ao considerar que non se xustificou que Ence non puidese emprazarse noutra localización alternativa e que a lei de Patrimonio impide que as concesións poidan estenderse máis de 75 anos, incluíndo as súas prórrogas.
Relacionadas:
-
O Parlamento galego insta o Estado a que retire a modificación "caprichosa" do regulamento da Lei de Costas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Goberno reformará o Regulamento Xeral de Costas "para eliminar as actuais incertezas"
Por Oskar Viéitez |
-
As conserveiras, preocupadas pola "incertidumbre" que lles xera a situación de ENCE
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
100 euros por cabeza para que o persoal de Ence entre na batalla xudicial sobre a prórroga
Por Redacción |
-
A Cámara de Comercio, preocupada pola "inseguridad jurídica" de relevancia internacional que provoca o caso Ence
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |