Transportistas de ENCE protestarán cunha caravana de camións

Por Oskar Viéitez
Para o vindeiro venres 12 está convocada unha caravana de camións por parte dos sectores do transporte e forestal vinculados a Ence para "visibilizarse e expresar o seu malestar pola perda e máis que probable precarización dos seus postos de traballo en caso de peche da nosa biofábrica".
Así o anunciaron este mércores os comités de empresa que agradeceron "o apoio e o respaldo" que están a recibir de todas as empresas auxiliares.
Os comités de empresa de Ence Pontevedra presentaron este mércores os correspondentes escritos de personamiento na Audiencia Nacional, "con obxecto de defender os nosos dereitos e intereses lexítimos como traballadores", nos recursos contenciosos interpostos contra a Orde Ministerial que outorgou a Ence a prórroga da súa concesión.
Tamén enviaron ao Ministerio de Transición ecolóxica, as súas alegacións ao Proxecto de Real Decreto polo que se modifica o Regulamento Xeral de Costas e que se atopaba ata esa data no trámite de Información Pública.
Os comités de empresa trasladaron o seu agradecemento ás diferentes organizacións empresariais por "o seu apoio e a súa sensibilidade e preocupación pola posible destrución do emprego na comarca, na provincia e en toda Galicia".
Os comités continúan elaborando unha batería de mobilizacións que comunicarán cando estean consensuadas en ambos os comités.
Relacionadas:
-
A protesta de transportistas de Ence provoca retencións na circunvalación da autoestrada
Por Diego Espiño |
-
Carme da Silva ve "presións" políticas e económicas detrás do apoio das confrarías a Ence
Por Alejandro Espiño |
-
As confrarías da ría de Pontevedra apoian a Ence en Lourizán e culpan a depuradora da contaminación
Por Redacción |
-
Os comités de empresa de Ence convocan unha concentración ante o Parlamento de Galicia
Por Redacción |
-
Os empresarios aseguran que "defendiendo a ENCE defendemos la marca España"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Comisións Obreiras anuncia mobilizacións contra o PSOE como "único responsable" da situación de ENCE
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Cámara de Comercio, preocupada pola "inseguridad jurídica" de relevancia internacional que provoca o caso Ence
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |