As borrascas continuarán nas Rías Baixas ao longo desta semana
Por Redacción
A inestabilidade meteorolóxica permanecerá nesta segunda semana do mes de abril nas Rías Baixas. Ao longo deste luns 8, a previsión de Meteogalicia ofrece ceos con intervalos nubrados e chuvascos. Os ventos soprarán do suroeste fortes no litoral e nas zonas altas mentres que no interior serán moderados. As temperaturas oscilarán entre os 9 e os 14 graos.
Durante o martes 9, unha borrasca situarase ao norte de Galicia para deixar outra xornada de inestabilidade. Os chuvascos serán probables en calquera punto da Comunidade autónoma, coa posibilidade de tormentas. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente situándose nos 10 graos e as máximas continuarán en 14 graos. Os ventos variarán a compoñente oeste, fortes no litoral e nas zonas altas.
O mércores 10, Galicia seguirá baixo o réxime de ventos de compoñente oeste. Esta presenza permitirá que penetre aire húmido. Os ceos atoparanse parcialmente cubertos con choivas intermitentes, que diminuirán a medida que avance a xornada. As temperaturas non sufrirán cambios significativos.
Desde o xoves ata a fin de semana, a situación nas Rías Baixas continuará sendo similar coa influencia das baixas presións con aire frío nas capas altas da atmosfera, con altas probabilidades de precipitacións e con temperaturas baixas para esta época do ano.