Comeza na Devesa os traballos de construcción dunha rotonda na PO-531
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou, xunto a asociación de veciños da Devesa, o inicio dos traballos da segunda fase de mellora da PO-531 que consistirán na execución dunha nova glorieta e un ramal de novo trazado que conectará coa vía principal.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinará a esta obra, contando con expropiacións e IVE, 580.000 euros. Executarase entre os quilómetros 6+500 e 7+250, e con ela aténdese á solicitude realizada pola veciñanza e usuarios da súa contorna, dando continuidade as obras que o departamento de Infraestruturas da Xunta acometeu no 2017, de reordenación e mellora coa execución dunha glorieta no acceso ao polígono de Sequeiros, no concello de Barro.
O obxectivo principal deste nova actuación é acadar a redución da velocidade de circulación e para iso define a execución dunha glorieta de 44 metros de diámetro situada á saída do núcleo da Devesa, coa que se facilitarán os xiros en condicións seguras. Por esta estrada circulan diariamente máis de 20.000 vehículos
Na glorieta entroncarase un ramal de novo trazado, que se conectará coa vía principal deste núcleo e que permitirá eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda da intersección. Este novo ramal contará cunha lonxitude de 380 metros, aos que hai que engadir os camiños de servizos, polo que a construción total será de 750 metros. Todo elo permitirá unir os dous núcleos desta parroquia.
Esta actuación compleméntase coa rehabilitación do firme no tramo, a execución das obras necesarias para a drenaxe transversal e lonxitudinal e a reposición da sinalización e das barreiras necesarias, instalándose novas luminarias e un muro de escollera de contención.
Os traballos inícianse coa construción da nova glorieta, "de xeito que poidamos acometela no menor espazo de tempo posible, xa que esta estrada conta cun elevado número de vehículos diarios, que se incrementan no verano", explicou Cores Tourís. "Agardamos deixar para esa época a execución do novo vial de enlace ao núcleo da Devesa, que supón un desmonte importante e que non causaría afeccións ao tráfico" engadiu o delegado territorial.