O Concello recorrerá a nova concesión de Costas á antiga fábrica de Pontesa
Por Alejandro Espiño
A loita do goberno municipal por recuperar espazos do dominio público marítimo terrestre non se deterá coa fábrica de Ence. O Concello confirmou este martes que presentarán un recurso contra a nova concesión que Costas outorgou aos actuais propietarios da antiga fábrica de Pontesa, en Ponte Sampaio.
Os terreos, actualmente sen actividade industrial algunha, son propiedade da sociedade Itaipu Trade. Tras a solicitude realizada ante Costas, a compañía logrou que o Estado lle conceda permiso para ocupar terreos públicos durante vinte anos máis, un prazo prorrogable por outros vinte. A autorización é para almacenamento de materias primas.
Así o explicou a concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías, que defendeu en nome do goberno municipal que estes terreos sexan devoltos ao espazo público e recuperados como parte da fachada do fondo da ría de Vigo.
"Faremos todo o que estea nas nosas mans", sinalou a edil do BNG, que confirmou que o Concello pediu información a Costas de todas as concesións en tramitación dentro do termo municipal de Pontevedra.
Pontesa é a única que conta cunha resolución favorable, máis aló da de ENCE que xa recorreron nos tribunais de xustiza.
A pesar diso, Costas tramita tamén a continuidade da gasolineira do Burgo, do parque de maquinaria e da imprenta provincial da Deputación e dun transformador de Fenosa no Burgo e estuda unhas obras de ampliación do colexio Sacro Corazón de Praceres.
O Concello decidiu constituírse en parte interesada e persoarse en todos estes expedientes, para ter información "de primeira man" sobre cada un destes procedementos e poder actuar en consecuencia.
Relacionadas:
-
O Concello só acepta que Costas 'indulte' ao colexio Sagrado Corazón de Praceres
Por Alejandro Espiño |
-
Costas rexeita prorrogar a concesión á gasolineira do Burgo e o Concello xa pensa en convertela en zona verde
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O Concello pleitea ante a Audiencia Nacional pola nova concesión de Costas á antiga fábrica de Pontesa
Por Oskar Viéitez |
-
Fomento e colectivos cidadáns traballarán conxuntamente para recuperar a senda de Pontesa
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello rexeita a desafectación dos terreos da antiga Pontesa
Por Alejandro Espiño |
-
Piden a Costas a desafectación dos terreos que ocupa a nave de Pontesa
Por Redacción |