Soltan troitas autóctonas para repoboar o Lago de Castiñeiras
Por Redacción
A alcaldesa de Marín, María Ramallo foi a encargada de soltar no Lago de Castiñeiras 35 troitas autóctonas, provenientes da piscifactoría de Carballedo, dependente da Consellería de Medio Ambiente.
Por outra banda, desde o goberno local de Marín, tamén informaron da marcha dos traballos que está a executar a empresa Nexia no tramo principal da Barriada de San Pedro.
"As obras avanzan a bo ritmo e nas próximas semanas finalizaranse", explicaron.
Estes traballos teñen un orzamento de 89.000 euros e pretenden mellorar o pavimento, construír badenes que axuden a reducir a velocidade e crear pasos de peóns.